Adxudicacións das últimas prazas ofertadas en substitución entre titulares


7 mar. 2018







Publicouse, con data do 6 de marzo de 2018, a resolución coas adxudicacións da última publicación de prazas ofertadas para a súa cobertura en substitución entre persoal titular ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Poden consultar a información na resolución de adxudicación de postos.

Os correspondentes acordos de substitución entre titulares serán enviados por correo electrónico aos/ás adxudicatarios/as, e serán comunicados, á súa vez, aos superiores funcionais dos órganos de orixe e destino para o seu coñecemento.