O comité de folga recurrirá os servizos mínimos impostos pola Xunta por abusivos e vulnerar o dereito constitucional


3 feb 2018



  • A Xunta de Galicia ignora a doutrina do Tribunal Constitucional e a xurisprudencia do Tribunal Supremo, así como a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sentenza nº 1397/12, de 19 de novembro. 
  • O máis grave é que esta misma lexislación anterior foi utilizada pola propia Xunta de Galicia para as anteriores xornadas de folga dos meses de decembro e xaneiro.

Os membros do comité de folga tomos convocados para o día de hoxe, 2 de f ebreiro, para
negociar os servizos mínimos para a folga indefinida dos traballadores da administración de
xustiza de Galicia a partires do próximo 7 de febreiro.

Á actitude prepotente do Sr. Rueda, habitual neste conflito, ternos que engadir lle a
inconstitucional, pois vulnera a xurisprudencia establecida polo Tribunal Constitucional, que a
propia Xunta de Galicia considerou valida nas 3 anteriores xornadas de Folga.

Non é menos "curioso" que no decreto presentado no día de hoxe ao comité de folga, se
manteñan como servizos mínimos esenciais os mesmos que para as tres xornadas de folga
precedentes (actuació ns urxentes do Rexistro civil, rexistro de asuntos urxentes, actuación con
prazo, e xulgado de garda); e, sen embargo, os servizos mínimos alcanzan nalgúns xulgados
máis persoal do que realmente existe, como é o caso dalgún xulgado, onde o cadro de persoal
é de catro traballadores e a Xunta de Galicia propón oito persoas de servizos mínimos, ou, o
caso de Ferrol, onde na of icina de Rexistro e Reparto " obriga" a ir a un auxilio xudicial que nin
siquera existe. No resto dos xulgados auméntanse ata o 100%

Durante todos estes anos de goberno do PP de Núñez Feijoo e Rueda, foron constantes as
denuncias de todos os sindicatos da administración de Xustiza polo retraso de ata catro meses
na contratación para cubrir as baixas e, agora, resu lta que o Sr. Rueda pretende vulnerar o
dereito constitucional de todo traballador á folga, mantendo uns servizos mínimos abusivos a
todas luces.

Ante este conselleiro pirómano non nos queda outro remedio que denunciar ante o Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia os servizos mínimos adoptados pola Xunta de Galicia por
abusivos e solicitar a suspensión provisional dos mesmos ata que exista resolución
do Tribunal superior de Xustiza de Galicia.