Autobuses Manifestación 25-X en Santiago


18 ene 2018



  • O vindeiro día 25 de xaneiro, terceira xornada de folga na xustiza galega, haberá manifestación en Santiago de Compostela. 

Contaremos con servizo de autobuses desde as seis grandes cidades (A Coruña, Vigo, Ourense, Pontevedra, Ferrol e Lugo). Posibilidade de recollida en ruta.

A viaxe (ida/volta) costará 4 € a cada traballador@, o resto será cuberto polos Sindicatos; o horario de saída será ás 10 horas de diante dos edificios dos xulgados. (Convén estar, polo menos, 15 minutos antes da hora de saída).

A hora de regreso, aproximadamente, será ás 14.00 horas.

O prazo para apuntarse empeza mañá (día 18 de xaneiro).

Para calquera dúbida, falade cos delegados sindicais das vosas zonas.