CCOO solicita se resolvan as deficiencias no equipo de videoconferencias do Xulgado mixto nº 2 do Barco de Valdeorras


9 nov 2017


O pasado día 3 de novembro CCOO remitiu escrito á Xefatura Territorial de Ourense solicitando que, coa maior urxencia, se leven a cabo as xestións necesarias para resolver os fallos no equipo de videoconferencias  que levan sufrindo dende hai tempo os funcionarios do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 2 do Barco de Valdeorras.



Escrito presentado o 3 de novembro