Expurgación de expedientes xudiciais


21 jul 2017


No DOG do 20 de xullo de 2017 publicouse o anuncio do 7 de xuño de 2017, da Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia, polo que se dá publicidade á expurgación de expedientes xudiciais.


Consonte o previsto no artigo 16 do Real decreto 937/2003, do 18 de xullo, de modernización dos arquivos xudiciais, procédese a publicación das resolucións adoptadas pola Xunta de Expurgación da Documentación Xudicial de Galicia nas sesións que tiveron lugar os días 16 de decembro de 2016 e 7 de xuño de 2017 na súa sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
 
En virtude do disposto no artigo 16 do Real Decreto 937/2003, do 18 de xullo, de modernización dos arquivos xudiciais, os interesados nas actuacións xudiciais de referencia contarán cun prazo de dous meses para recuperaren aqueles documentos que presentasen no seu día no proceso.

Quen pretenda recuperar documentos propios achegados ás actuacións xudiciais ou obter testemuño o certificación destas por ter interese lexítimo formulará a súa solicitude por escrito, directamente ou a través de representantes con poder suficiente, ante a Secretaría da Xunta de Expurgación no prazo mencionado. Transcorrido o dito prazo, teranse por decaídos no seu dereito a recuperar os documentos.

Para consultar o DOG preme aquí