A vista do borrador presentado, un ano mais por aplicación da Lei 1/2012 do 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, a acción social queda reducida a axuda do programa de atención de persoas discapacitadas, axuda a que se destina, como no ano 2016, a cantidade de 21.694 euros, presuposto que consideramos, de xeito evidente, insuficiente.
CCOO non asistirá á mesa convocada, xa que, negámonos a participar nunha acción social que supoña un recorte mais e onde as cantidades a distribuír son ridículas, esixindo a volta a unha acción social que supoña o 1% da masa salarial, coma noutras comunidades, e que se recuperen as axudas por fillos e estudos e que se recoñezan novas axudas a outras enfermidades como Crohn, celíacos…
Para ver o escrito dirixido a DXX preme aqui