Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitucións entre titulares


5 oct 2015




Publicados novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a sua cobertura mediante substitución entre titulares con data 2 de outubro de 2015.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II, facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.

Días para presentar a solicitude: 02, 05 e 06 de outubro  de 2015.

Fax a donde deben dirixirse as solicitudes: 981.54.62.22 

A información sobre os postos ofertados pode consultarse no documento Avisos de desocupación 
Para ver as prazas  preme aqui