Acción social 2015,listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas.


21 sept. 2015



 Publicouse hoxe ,21 de setembro, no DOG, resolución do 7 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas  do Fondo de Acción Social do ano 2015 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.
As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formularen as reclamacións que consideren oportunas e emendaren os defectos da exclusión provisional.
Ver enlace DOG