Convocatoria concurso específico de postos de traballo singularizados nas Oficinas Fiscais de Galicia.


28 jul 2015




No BOE de hoxe 28 de xullo, convócase concurso específico de postos singularizados nas oficinas fiscais de Galicia.
 Segundo as bases da convocatoria deste concurso específico, no seu apartado primeiro. 1, establécese literalmente:

 "Primeira.

Requisitos e condicións de participación.

1. De acordo co disposto no artigo segundo da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro, ao tratarse dun proceso de acoplamento, poderá participar exclusivamente, e por unha soa vez, o persoal funcionario do corpo de xestión procesual e administrativa para os postos de coordinador/a da oficina fiscal, e do corpo de xestión e tramitación procesual e administrativa no caso dos postos de responsable de estatística, rexistro e calidade. 

O persoal funcionario participante deberá encontrarse na situación de servizo activo con destino definitivo, ou en calquera outra situación que comporte reserva de posto de traballo, no corpo ou corpos de adscrición da praza solicitada, no municipio onde deben desempeñarse os postos de traballo ofertados"

 E respecto ao prazo de presentación de instancias e a valoración da fase de concurso e a súa puntuación, as bases establecen:


"O prazo de presentación será de dez días naturais, contados dende o día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no «Diario Oficial de Galicia".


 Fases do concurso e puntuación.
 1. O concurso rexerase polo baremo e puntuacións establecidos no anexo III desta resolución. 
 2. O concurso constará de dúas fases: 
a) Primeira fase: De comprobación e valoración dos méritos xerais.
b) Segunda fase: De valoración de aptitudes concretas a través de coñecementos, experiencia, titulacións académicas e aqueles outros elementos que garantan a adecuación da persoa aspirante para o desempeño do posto, excluídos os valorados na primeira fase. A valoración dos méritos específicos deberá efectuarse mediante a puntuación obtida tras aplicar a media aritmética das outorgadas por cada un dos membros da comisión de valoración, debendo desbotarse para estes efectos a máxima e a mínima concedidas, ou no seu caso, unha das que aparezan repetidas como tales. "

Para ver a convocatoria no BOE preme aquí.
Para ver a convocatoria no DOG preme aquí.