Sindicatos
e persoal do Rexistro Civil de A Coruña, expulsados do Pleno municipal por
defender o mantemento deste servizo público e gratuito.
Coruña,
1-4-15.
O
goberno municipal vén de aprobar unha moción presentada polo grupo popular
sobre o Rexistro Civil que non recolle as demandas de todos os sindicatos
(CC.OO, USO, UXT, CSIF, CIG E STAJ) expostas na reunión que éstes mantiveron o
pasado martes 31 de marzo co alcalde da Coruña Carlos Negreira e o concelleiro Miguel Lorenzo, e que si foron
apoiadas no Pleno polo resto dos grupos municipais.
A
devandita moción secunda a posición mantida polo goberno central e non garante
que non se mercantilice o Rexistro, a
súa gratuidade e a xestión por persoal da Administración de Xustiza.
Traballadores
e representantes sindicais, que asistiron ao pleno tras serenlle incautadas as camisetas
amarelas reivindicativas que portaban, foron expulsados e identificados ao
protestar por non ter sido aprobada a moción que recollía as súas pretensións e
que garantía a permanencia na Administración de Xustiza do Rexistro Civil e a
súa gratuidade.