No DOG de hoxe martes, día 3 de marzo, publícase a Resolución do 24 de febreiro de 2015 pola que se convocan actividades formativas para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.
As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta publicación no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática no seguinte enderezo: http://egap.xunta.es/matrícula , desde as 8:00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14:00 horas da data de finalización. Poden solicitarse ata un número máximo de cinco cursos.