CCOO Xustiza gaña as eleccións á Mutualidade


23 oct 2014




No día de onte tiveron lugar as eleccións de compromisarios a Mugeju en Galicia co seguinte resultado:

GRUPO I: CCOO 327 CSIF 28. Compromisario electo Nicolás Santos

GRUPO II CCOO 322 CSIF 30. Compromisario electo Juan Manuel Amado

Dende o sector de xustiza de CCOO queremos dar as GRAZAS a todos/as: afiliados, simpatizantes, aos sindicatos UGT e CIG que respaldaron a candidatura e, en definitiva, aos que confiastes na labor feita por CCOO na mutualidade estes últimos anos de recortes.

 Damos os nosos parabéns a Nico e Juanma e desexámoslles un bo traballo de reivindicación e denuncia na asemblea de compromisarios da Mutualidade.