- A falta dun día de rematarse o prazo de alegacións a Dirección Xeral non clarifica os criterios de baremación empregados nin a casuística dos funcionarios interinos que son aceptados en varias bolsas.
CCOO ten que denunciar
que o artigo 12.5 da orde de
interinos provocará unha alteración artificial nas bolsas, que non se tería
producido de recollerse a alegación
lóxica feita e promovida no seu día por CCOO.
Será a administración a que, unilateralmente, disporá dos
funcionarios interinos que fosen admitidos en máis dunha bolsa como mellor lle
pareza, ou ben colocándoos na súa mellor posición absoluta ou ben proporcional
ao número de candidatos da bolsa (non é o mesmo ser o número tres en Lugo que
na Coruña, por exemplo). En consecuencia, dun ou outro xeito, algún dos
integrantes das bolsas será prexudicado,
por falta de seguridade xurídica dunha orde farragosa e exhaustiva até o mínimo
detalle e que, sen embargo, pola cerrazón a admitir alegacións que veñan das
organizacións sindicais, deixa extremos soltos fundamentais que sen dúbida embazarán
a limpeza de todo o proceso, como é o punto esencial da colocación nas bolsas
CCOO dirixe no día de hoxe escrito á Dirección Xeral de
Xustiza a fin de que a alegación presentada sexa recollida de facto, e se abra
un novo prazo de dez días no que os admitidos nas bolsas podan escoller aquela
na que teñan mellor posición ou mellor puntuación, en lugar de que sexan
colocados de oficio pola administración, para evitar que se desvirtúe a limpeza
do procedemento.
Por outra banda, no que afecta á baremación dos cursos,
botamos en falta unha reunión para coñecer os criterios de valoración dos
diferentes cursos de formación e informática, xuntanza prometida pola
Administración que nunca se chegou a dar, debe ser que non había “imperativo
legal” para ela, e a boa fe remata cando
a lei non contempla a obrigatoriedade de Xunta de “oír (coas orellas tapadas)
ás organizacións sindicais”
Certo é que nos últimos tempo, tampouco nos agrada acudir
a esas reunións (nós imos co nariz tapado) pero a falta de explicacións e claridade
na baremación trae como consecuencia:
1.- Que non se saiba con certeza cal dos cursos
presentados non foi valorado
2.- Que cursos valorados na anterior convocatoria non o
fosen nesta, cando nese punto non cambiou a redacción da orde
3.- Que a determinación dos cursos que teñen relación coa
administración de xustiza, para poder ser valorados, quede totalmente a criterio da Dirección Xeral, sen
oportunidade de corrección nin suxestións das organizacións sindicais
Cando a limitación de chamamentos de interinos e o
recorte de reforzos supoñen que cada praza de interinos sexa unha oportunidade case
única para todos os que compoñen as bolsas de traballo, a limpeza e
transparencia do proceso debería ser exemplar, polo que dende CCOO esiximos da
Dirección Xeral que deixe a un lado á opacidade e que recolla o que os
traballadores están a demandar en aras a unha mellor confección das bolsas.