- . Contra a privatización dos rexistros civís, contra a supresión dos xulgados de paz, contra os recortes e supresión dos partidos xudiciais
- . Por unha xustiza de proximidade, igualitaria e suficientemente dotada
- . Xoves 29, 11’30 horas diante dos xulgados de Cangas e ás 13 horas na casa do concello en Moaña
Desde CCOO chamamos ás traballadoras e traballadores, e cidadanía en xeral, a manifestarse en contra das reformas do ministro Gallardón, o vindeiro xoves 29 de maio as 11.30 horas diante dos xulgados de Cangas e ás 13.00h diante da casa do Concello de Moaña.

Concentracións xustiza
Unha vez máis, a cidadanía dos concellos de Vigo, Cangas ,Moaña, Bueu Redondela, Fornelos de Montes, Pazos de Borben, O Porriño, Mos, Nigrán, Baiona, Gondomar, Oia, Ponteareas, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Crecente, Arbo, As Neves, Salvaterra, Tui, Salceda, Tomiño, O Rosal e A Guarda, pagarán as consecuencias dunha decisión inxusta do Goberno do Estado, que nos condena a volver á provincialización da xustiza con tódalas consecuencias negativas que provoca
Xunto a futura privatización dos rexistros civís e a eliminación dos xulgados de Paz, con o inaceptable silencio do goberno da Xunta de Galicia nesta materia, e o grave prexuízo socioeconómico para a cidadanía en pobos e vilas, agora o ministro Gallardón pretende destruír o tecido xudicial existente, asestando un duro golpe á xustiza de proximidade.
Coa creación dos Tribunais de Instancia, a circunscrición pasará a ser provincial, eliminando todos os partidos xudiciais, salientado Vigo como un caso sangrante, coa destrución de numerosos postos de traballo, a obrigación de desprazamentos gravosos para a cidadanía e un distanciamento progresivo da xustiza, volvendo á centralización e plantexamentos decimonónicos por parte do Ministerio de Xustiza e nomeadamente do Goberno do Estado.
Os traballadores da xustiza, verán suprimido a garantía do centro de traballo, quedando a provincia como novo centro de destino, impoñendo a mobilidade xeográfica e funcional provincial
CCOO instamos ó conselleiro responsable ó Goberno da Xunta, Alcaldes e Corporacións locais a defender os intereses da cidadanía das comarcas do Morrazo, do Condado-Paradanta, da Louriña , Redondela, O Miñor, Baixo Miño e Vigo, primeira area industrial de Galicia.