Xustiza para todos no 22M


24 mar 2014




Centos de miles de persoas percorren as rúas de Madrid e expresan con claridade: hai que acabar coas políticas do gobernó que condenan á pobreza, ao paro e a marxinalidade a millóns de persoas mentres un 1% da poboación segue a acaparar máis do 75% da riqueza.

 Nunha burda manipulación, a policía e os medios de comunicación falaban de 50.000 persoas participantes nas marchas, cando deberían recoñecer que chegaron a Madrid máis de 900 autocares, trens e multitude de coches particulares. Os oito carrís do Paseo do Prado e Recoletos, máis os bulevares, por una lonxitude de dous kilómetros e medio estaban totalmente abarrotados, una hora detidos na Glorieta de Atocha, mentres a cabeceira chegaba a Colón, multitude de persoas estaban aínda en Atocha… Cando se minte tan descarademente, pérdese todo o creto.

Dende o comezo desa mobilización sabíase cal era a estratexia do Goberno: ignorar as marchas agochanto toda información sobre o 22 de marzo, organizar desplegué policial desmesurado e converter o triunfo das clases populares nunha das manifestacións máis grandes da historia nun problema de orde público.

Manipúlase a información para criminalizar a protesta, xustificar a lei de inseguridade cidadá e intentar anular o éxito da mobilización. As cargas policiais antes de acabar o acto puideron por en risco a seguridade de centos de miles de persoas que transitaban pacíficamente pola Praza de Colón e arredores.

Os traballadores da Administración de Xustiza participamos de forma activa nas marchas, uns na pancarta de “Justicia para todos” e outros integrados nas súas respectivas columnas.