Gaceta Sindical especial 25N: CCOO di non á violencia contra as mulleres


25 nov. 2013


Con motivo da celebración, hoxe 25 de novembro, do DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, Gaceta Sindical editou un número especial no que CCOO reitera o seu compromiso para seguir loitando na erradicación deste grave problema, e chaama a participar nas distintas concentracións e manifestacións que se convoquen en todo o país para denunciar e eliminar a violencia machista.