Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidencia e Consellería da Presidencia
Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia
Galicia, 12 de novembro de 2013
Onte, 11 de novembro, publicouse a sentenza do Xulgado do
Contencioso-Administrativo n.º 10 de Sevilla na que
no fallo se expresa textualmente:
1. Estima
a demanda reitora desta litis e, en consecuencia:
a)
Declara
contraria a dereito a minoración de 1/14 parte da contía anual de soldo e
trienios sufrida polo actor nas súas nóminas de xullo a decembro do exercicio de
2012.
b)
Declaro o dereito do actor a ser resarcido
pola Administración demandada aboándolle as anteriores minoracións máis os seus
intereses legais.
c) Condeno a Administración demandada a estar e pasar por esta declaración
2.
Sen
imposición de costas
Sendo firme esta sentenza.
Esta resolución xudicial recoñece que a Administración
debe devolver a paga extra íntegra de 2012 suprimida ao persoal da
Administración de Xustiza, tal e como todos os sindicatos representativos do
ámbito da Administración de Xustiza levamos demandando o Ministerio de Xustiza
e as CCAA con competencias transferidas. Así mesmo
cos mesmos argumentos vimos presentando ante os Tribunais de Xustiza centos de
demandas colectivas e individuais, para a defensa dos dereitos de todos os traballadores,
tras a aprobación polo Goberno da Nación, do que forma parte, do Real Decreto
Lei 20/2012 en xullo do ano pasado.
Para CCOO a sentenza crea un precedente importante e de
recoñecemento deste dereito a todo o persoal da Administración de Xustiza, e
vén a dar a razón, aos traballadores e aos sindicatos representativos, de que o
acto polo que se suprimiu polo Goberno a paga extra de decembro de 2012 ao
persoal da Administración de Xustiza non só era inxusto, senón profundamente
ilícito.
Por iso, CCOO reclámalle que polo Ministerio de Xustiza
se proceda a:
1.- O aboamento de oficio, a todo o persoal da
Administración de Xustiza, da paga extra suprimida en decembro de 2012 cos seus
intereses legais.
2.- A xestión do Ministro de Xustiza ante os máximos
representantes das CCAA con competencias transferidas para que estas devolvan,
igualmente ao persoal da Administración de Xustiza dos seus ámbitos de
competencia, a paga extra íntegra de decembro de 2012, tamén suprimidas por
aquelas en virtude do mesmo Real Decreto Lei do Goberno.
Pablo Valeiras Ríos
Coordinador do Sector de Xustiza de CCOO
Coordinador do Sector de Xustiza de CCOO