CCOO saúda como unha vitoria dos traballadores a sentenza do Xulgado C-A nº 10 de Sevilla e recoñece a valentía do xuíz que a dita


12 nov 2013



A sentenza recoñece por primeira vez o dereito dun funcionario da Administración de Xustiza a ser resarcido pola Administración (neste caso da Xunta de Andalucía) aboándolle a totalidade da paga extra suprimida de 2012

Todas as demandas presentadas por CCOO cos sindicatos da Plataforma Unitaria dos Empregados Públicos (creada en xullo de 2012 tras os recortes) alegan o mesmo sólido argumento que o xuíz de sevilla inclúe no seu fallo, e que responden aos criterios e formulacións acordadas na citada plataforma

A sentenza publicada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 10 de Sevilla, determina como contraria a dereito a eliminación da paga extra de decembro de 2012 e declara no seu fallo a devolución da integridade desta, máis os seus intereses legais.

Esta é a primeira sentenza no sentido de recoñecer un dereito fundamental e inalienable: o dereito dos empregados públicos a recuperar a totalidade da paga extraordinaria que se nos suprimiu inxusta e ilicitamente polo Goberno de Rajoy

CCOO valora a valentía do Xuíz que ditou esta sentenza que confirma as nosas formulacións incluídas nos centos de demandas presentadas e cuxos argumentos se acordaron na plataforma sindical unitaria constituída por todos os sindicatos representativos da Función Pública, incluída a Administración de Xustiza.

Que esta sexa a primeira sentenza que obriga á Administración de Xustiza a devolver a paga íntegra, e non tan só a parte percibida no momento de publicarse o RDL 20/2012 o 14 de xullo, demostra que os argumentos aducidos nas demandas de CCOO, e do resto dos sindicatos que integraron a plataforma unitaria sindical, son correctos e se axustan a dereito.

Como anunciou CSIF, CCOO tamén presentará escritos dirixidos ao Ministerio de Xustiza e ás Consellarías das CCAA transferidas esixindo que se aboe a todo o persoal da Administración de Xustiza a totalidade da paga extra suprimida de decembro de 2012, sen esperar a máis sentenzas, porque este precedente abre a porta a outras sentenzas que fallen con contidos semellantes

Además y en paralelo a esta petición, y mientras las Administraciones no reconozcan expresamente lo que solicitamos, CCOO sigue y seguirá luchando en los Tribunales de Justicia para que logremos la recuperación íntegra de la paga extra de diciembre de 2012 suprimida para todos los trabajadores, personal funcionario y laboral de todos los ámbitos

Consulta o texto da sentenza: ligazón