- A aplicación inmediata dos descontos por incapacidade temporal trata aos funcionarios como persoas de 2ª categoría frente a xuíces e fiscais
- A partir de mañá os traballadores da xustiza pagaremos 30€ por cada día de baixa laboral
A Dirección Xeral de Xustiza dirixida polo Conselleiro
Rueda e o Director Xeral, Juan José Martín (para quen non o sepa, funcionario
do Corpo de Secretarios Xudiciais), nunha nova demostración de desprecio hacia
os traballadores da Administración de Xustiza remitiu a última hora da mañá de
onte o seguinte correo:
Bo día.
Comunicovos que o vindeiro día 26 de novembro publicarase
no DOG o Decreto sobre a aplicación dos complementos á prestación económica na
situación de incapacidade temporal e outras situación protexidas dos
funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza, competencia da Comunidade
Autónoma de Galicia.
Así mesmo a vindeira semana, tense previsto a publicación
da orde sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de
funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de Xustiza en
Galicia. (enlace á
publicación no DOG
)
Cun xeito de actuar oscurantista e totalitario, a DXX ordenou
a publicación do decreto sen nin sequera dalo a coñecer aos sindicatos cando o
decreto ten data de 14 de novembro
Ante o ataque brutal e as actitudes impresentables dos
máximos responsables da Xunta non podemos permitir:
Que todos aqueles
traballadores que todavía estaban pensando se apoiar, ou non, co seu voto a FOLGA, tras este atropelo non
voten outra cousa que non sexa un rotundo SÍ
a FOLGA
Que aqueles
traballadores que votaron no seu día o Partido Popular permitan coa súa
inacción que os que lle enganaron continuen pisoteando os seus dereitos e por
ende os de todos os traballadores.
Que algún Sindicato
argumente a falta dunha terceira vía, que por certo acaba de fracasar
estrepitosamente en Cataluña, para abandoar a unidade Sindical que tanto esixen
os traballadores.
Que os traballadores
prefiran votar sen nome, rebelándose contra o voto nominal, e non sexan quen de
rebelarse contra o realmente é importante os RECORTE DE DEREITOS que estamos a
sufrir.
NON PODEMOS
PERMITIR a
actitude demagoxica daqueles que se permiten aconsellar votar sen nome e
rebelarse contra os sindicatos en vez de contra a Administración, cando eles
non foron quen de asumir as normas dunha plataforma e sumarse a unha maioria
para defender os dereitos de todos os traballadores, que só esconde unha
intención, ¡¡¡FACER FRACASAR UNHA FOLGA¡¡¡ AINDA A COSTA DOS INTERESES DE TODOS
OS TRABALLADORES DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA
Facemos un
chamamento a que os 2 sindicatos que se desmarcaron da mobilización volvan á
plataforma para poder defender todos xuntos os dereitos de todos os
traballadores que están sendo atacados
TODOS DEBEMOS REMAR NA MESMA DIRECCIÓN
FOLGA NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE GALICIA SI, OU SI.
PARALICEMOS
A ADMINISTRACIÓN