Os enfermos máis febles terán que pagar por vivir


2 oct 2013


O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade porá en marcha o 1 de outubro o copago de medicamentos hospitalarios. Esta medida supón un novo recorte ás prestacións, neste caso ás persoas enfermas crónicas, aquelas con maior dependencia destes medicamentos.

Fuente: FSC-Estatal. Cesar José Pérez Gómez. . 

Cobrar por menciñas para enfermidades como o cancro, a escleroses múltiple ou a hepatite C por exemplo, non cumprirá ningún dos obxectivos que o Goberno utilizou para aplicar esta medida, a racionalización do seu uso e a medida de recadamento.

É importante aportar un pouco de historia; o feito de excluír determinados medicamentos das oficinas de farmacia para ser dispensados unicamente nos hospitais tiña dous obxectivos que, curiosamente, son os mesmos utilizados agora para o repago: por un lado, reducir custes, o quedarse o sistema cos porcentaxes da distribución e, por outro, dificultar o acceso a tales fármacos a moitos enfermos crónicos que debían trasladarse periodicamente desde as súas residencias ós hospitais, normalmente máis distantes das farmacias para racionalizar o seu uso.

Se a primeira razón era unha medida económica, a segunda era claramente disuasoria. Pois ben, ¿cal é o obxectivo de facer agora pagar a alguén que non elixiu a súa enfermidade e que ten unha absoluta dependencia das menciñas que debe tomar?

O primeiro que un pensa é que será unha medida económica, pero o Goberno non aclara nin canto suporá o aforro; pero os expertos apuntan que a recadación que se vai a obter é inapreciable no total do orzamento sanitario e, ademais, estes  fármacos contan con unha serie de controis moi estritos que impiden o seu abuso.

O Goberno tampouco ten en conta que a falla de medicamentos a enfermos crónicos pode agravar a enfermidade, o que repercutirá negativamente na súa saúde e suporá maiores gastos para o sistema sanitario, debido ás complicacións que puideran orixinarse ó precisar un tratamento máis longo, máis menciñas, e incluso outras técnicas que serán máis custosas.

A ministra tamén parece que non se entera (é normal nela, no sabía nin que había un Jaguar na súa casa, nin de ónde procedían os cartos que pagaban  as súas vacacións) que a sanidade pública financiase por impostos en función da renda de cada persoa e é accesible a todos por igual, o copago pretende facelo a través dos propios enfermos, pagando cada un o que consume, sen ter en conta a súa situación económica.

Varias comunidades autónomas criticaron a aplicación deste copago farmacéutico; algunhas como o País Vasco, Castela e León, Comunidade Valenciana, Canarias, Asturias xa o rexeitaron. Ademais, a xunta de Portavoces do Parlamento de Navarra aprobou (co apoio unánime de todos os grupos parlamentarios, a excepción do PP) una declaración institucional pola que a Cámara Foral esixe ó Goberno de España que “baixo ningún pretexto, impoña o copago farmacéutico hospitalario porque se ceba de xeito inxusto cos enfermos especialmente graves”.

Queda claro que este Goberno do PP, cheo de mentiráns e faltos de memoria, que fi non moito tempo defendían como intocable a sanidade, a educación e as pensións, so pretenden afondar nas desigualdades entre a cidadanía. É a volta á idade media, á época dos señores feudais, onde os ricos comen na mesa, namentres que o resto come as migas que caian.