O goberno de Feijoo atraca os seus salarios un ano máis, e burlase dos seus empregados e empregadas públicos.


14 oct 2013


Convoca a Mesa Xeral de Negociación, un martes a última hora da maña, con todo decidido e dous días antes de que os orzamentos sexan aprobados no Consello.


Un ano máis, e xa son 5 seguidos, o goberno autonómico fai burla, despreza e ignora, os dereitos e necesidades do conxunto dos seus empregados e empregadas públicos, recortando unilateralmente outra vez, os seus salarios, modificando unilateralmente as súas condicións de traballo e privatizando servizos.
Continua na súa política de desprezo, e unha vez máis os fai responsables ó tempo que os castiga ante o conxunta da sociedade galega, poñéndoos como exemplo ante o resto do estado.

Resulta insultante e insoportable tanto desprezo, ter que escoitar a conselleiros e conselleiras, nos medios de comunicación, xustificando estas medidas con declaracións mamarrachas e sen respecto algún para con que se aplican, namentres eles continúan cos seus privilexios afastados do conxunto da cidadanía.
Desde CCOO tentaremos dar a resposta que merece a tanta canallada.

O martes día 15 concentrarémonos diante da EGAP para manifestar o noso rexeitamento.