MENTIRÁN


13 sept 2013


Como di o refrán "collese antes a un mentirán que a un coxo" e Feijoo é un mentirán compulsivo, que baixo esa falsa aparencia que pretende dar, como unha moeda de chumbo, de home íntegro e responsable, leva anos deseñando toda unha política de recortes que logo serven o resto de gobernos autonómicos e central como modelos para castigar e aplicar diante desta maldita e interminable crise, versus estafa.
Nuñez Feijoo.
Nuñez Feijoo.
Xa vai alá un lustro continuado, que se di pronto, de rebaixa de salarios e dereitos para todas as empregadas e empregados públicos, xa son 5 anos, interminables, atentando directamente contra a súa dignidade, cuspindo directamente desde o parlamento na súa cara, e roubando dos seus salarios, nunha burla infinita, facéndoos responsables dos problemas nas contas públicas, criminalizando o seu estatus ante o conxunto da sociedade, poñéndoos como exemplo do que hai que facer e as medidas que se deben aplicar no resto do mundo laboral, xustificando aldraxes, inxustizas e sufrimento.


Isto é intolerable un pesadelo inimaxinable, e xa rematou por converterse na primeira medida rutinaria de cada ano, antes incluso de que exista sequera un borrador ou un proxecto de orzamentos, antes sequera de sentarse, non xa a negociar, senón a comunicar un proxecto ás afectadas e afectados. Son ós medios de comunicación quen ano tras ano trasladan en primeira instancia, o conxunto de traballadores/as, o que debería ser negociado e informado vía Mesa Xeral e DOG, pero ademais Feijoo o fai de xeito torticeiro e mentindo, incluso peor, utilizando ós medios de comunicación con medias verdades e tentando confundir á cidadanía, sen claridade, sen respecto algún nin empatía posible, como si a decisión fose lóxica e normal, indiscutible.

E ante estas medidas, no valen nin xuíces nin lei, nin Constitución nin Estatuto, nin palabra nin discursos, tan so a decisión subxectiva, unilateral e persoal dun pequeno grupo de señorías, que polo visto foron elixidos para reinar despoticamente catro anos, para así definir na práctica a democracia neste pais con letras minúsculas, cada día máis pequenas, alguén podería dicir incluso, que a piques de desaparecer.


Parecería razoable e do máis normal que o conxunto das empregadas e empregados públicos, ante esta medida, deran unha resposta dura, contundente e sen dúbidas, esixindo o mínimo respecto debido por parte dun goberno que se di representar a legalidade e o conxunto da cidadanía, pero Feijoo conta con que non vai a ser así, conta con que a súa decisión non lle terá custe algún, os empregados públicos xa contaban con elo e o desgaste, si o houbo, se produciu o ano pasado.
En canto ós Sindicatos, pensa que xa están suficientemente debilitados, estes últimos anos e máis concretamente o ano pasado o pau que lles deu, eliminando a maior parte dos seus “liberados” e “subvencións” os deixou máis preocupados pola subsistencia que pola loita, non serán problema.


Pois non, un déspota, merece unha resposta proporcionada o seu despotismo, desde CC.OO. esiximos o cumprimento da Lei, as traballadoras e traballadores e os seus representantes legais temos uns dereitos, esiximos respecto e o mantemento dos canles legais de dialogo e negociación, e nin o Sr. Presidente nin ninguén pode pasar por riba deles, e dar por feito decisións despóticas unilaterais ó seu marxe, convertendo nun paripé todo o que logo suceda; si as regras son rotas unilateralmente por que debe ser o seu máximo defensor, ábrese a posibilidade do caos, e no caos todo é posible.


Non é unha ameaza, e unha posibilidade sobre o que pode acontecer, ante o goberno dun mentirán.