Convócase unha comisión de servizo para o posto de subdirector/a do Imelga de Pontevedra


24 sept 2013


No día de hoxe, publicouse o seguinte anuncio da intranet da Dirección xeral de Xustiza
Convócase, mediante a Resolución do 24 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, a provisión de forma temporal en comisión de servizo do posto de subdirector/a do Imelga (Instituto de Medicina Legal de Galicia) na Subdirección Territorial de Pontevedra para funcionarios/as do corpo de médicos forenses.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación da dita convocatoria nesta intranet.

Modelo de solicitude (só accesible dende o posto de traballo)