Concurso específico de méritos para xefes de sección no Imelga


29 ago. 2013




Dáse traslado da comunicación pola que, de acordo coa base sexta da resolución do 28 de xuño de 2013, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan a concurso específico de méritos as prazas vacantes de xefes de sección no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), dous dos membros da Comisión de valoración do dito concurso específico serán designados a proposta das organizacións sindicais mais representativas, para os efectos oportunos.

Solicítase a remisión da súa proposta, a Dirección Xeral de Xustiza, no prazo máximo de 10 días.