O Sector de Xustiza de CCOO demanda a creación de xulgados do social en Vigo e A Coruña


22 jul 2013


A recente posta en marcha dun Xulgado de reforzo do Social nas cidades de Vigo e A Coruña,  foi vendida nos medios de comunicación como a solución definitiva para unha xurisdición que, por mor da crise actual, que semella interminable, e a que non se lle atopa saída máis digna que as rebaixas salariais ou, no seu defecto, os despedimentos, como o remedio ao mal endémico que arrastra esta xurisdición: falta de celeridade en procesos nos que está en xogo o traballo das persoas e, en consecuencia, o seu medio de vida.

A Xunta de Galicia, e a Dirección Xeral de Xustiza, o que non explicaron é que non chega con reforzar os xulgados cun maxistrado e un secretario, o que cómpre é que os xulgados estean dotados dos medios materiais e persoais suficientes para desenvolver un traballo eficiente, é dicir, unhas aplicacións informáticas eficaces e modernas e un número de funcionarios e funcionarias equiparado ao resto de xulgados, xa que logo son os que verdadeiramente sacan adiante a tramitación do procedemento, isto é o groso do traballo dun xulgado.

CCOO, Sector Xustiza, quere dignificar o traballo do cadro de persoal de xustiza, que con escasos medios e un desempeño considerable, moitas veces máis alá da súa xornada laboral, nun acto de responsabilidade tratan de sacar adiante os procedementos pese a falta de investimentos da Xunta de Galicia nun servizo público que non é caldo de cultivo para posibles votantes, e polo tanto non interesa, ou, se interesa, e para dar manga ancha aos corruptos que ven na xustiza un lugar onde aínda impera o papel fronte ao expediente electrónico. 

Para paliar de xeito efectivo o colapso da xurisdición social, o sector de xustiza de CCOO esixe da Dirección Xeral:

1.- Que se leven a cabo as actuacións oportunas para que os xulgados de reforzo de Vigo e A Coruña se convertan en órganos de nova creación.

2.- Que en tanto isto non suceda, os xulgados de reforzo de Vigo e A Coruña se doten de cadros de persoal equivalentes ao resto de Xulgados do Social. Non ten sentido crear un  xulgado de reforzo con Xuíz e Secretario e non con funcionarios en número equivalente a un xulgado de número (na Coruña tan só ten dous funcionarios complementados con prolongacións de xornada e en Vigo tres)

3.- Que se doten dos medios materiais precisos aos devanditos xulgados.

4.- En definitiva, que sexan xulgados completos, e non como até o de agora, que interrompen o trámite cando ditan sentenza, repercutindo a execución no resto de xulgados, o que provoca un sobreesforzo aos compañeiros  que en lugar de minorar o seu traballo ven como se incrementa sustancialmente.

Dende CCOO, sector xustiza, preocupados polo servizo público, cremos que, lamentablemente, a crise actual, e máis coas políticas de recortes e austeridade que desbrozan o mundo laboral, non ten saída a curto ou medio prazo, por moitos brotes verdes que nos queiran colar, polo que entendemos que os módulos dos xulgados do social se verán incrementados ano a ano, e, en consecuencia, cremos  que non é necesario un reforzo, senón un novo xulgado nesas dúas cidades e instamos á Xunta a que nun acto de responsabilidade social, tome conciencia dos dramas que hai detrás de cada procedemento, de cada rescisión laboral, onde o cidadán queda desamparado e precisa de respostas rápidas e eficaces dende as institucións públicas, e non anuncios mediáticos como fogos de artificio que non van máis alá de copar titulares de prensa e non solucionan os problemas reais das persoas

- - - - - - - 

CCOO respalda al presidente del TSXG y urge la creación de un juzgado de lo social


El sector de justicia del sindicato CCOO respalda las declaraciones del presidente del Tribunal Superior de Xustiza, Miguel Ángel Cadenas, que el pasado miércoles volvía a insistir en la necesidad de crear nuevos organismos judiciales. En concreto, la plataforma demanda la puesta en marcha de un nuevo un nuevo juzgado de lo social en A Coruña.

Además CCOO pide que, mientras esto no suceda, se dote de un cuadro de persona equivalente al resto de juzgados. “No ten sentido crear un xulgado de reforzo con xuiz e secretario e non con funcionarios en número equivalente a un xulgado de número”, denuncian en un comunicado, y explican que en A Coruña solo hay dos funcionarios complementados con prolongaciones de jornada, mientras que en el resto, dicen, hay siete funcionarios.


Recortes

En el mismo comunicado, el sindicato muestra su preocupación por el servicio público y señalan que la crisis actual, además de las políticas de recortes y austeridad “non ten saída a curto o medio prazo”. Insisten en respaldar la postura de Miguel Ángel Cadenas, en el sentido de que el aumento cuantitativo y cualitativo de los procedimientos requiere, según señalan, una actuación que evite el colapso judicial, en el sentido de la implantación de órganos de nueva creación y no “parches inservibles e ineficaces”

Critican también la “ausencia” de avances en lo referente a la creación de las nuevas sedes judiciales en la Fábrica de Tabacos, al respecto de lo cual, dicen “non van máis alá de copar titulares de prensa e non solucionan os problemas reais das persoas”.

Publicado o 19/07/2013 en www.elidealgallego.com

Enlace permanente: pica aquí