O Director Xeral, Juan José
Martín Álvarez, cunha actitude fascista, reventa as negociacións e implanta o
totalitarismo nas condicións laborais dos traballadores da Xustiza en Galicia.
Tras
varios meses de negociación nos que
conseguimos minimizar algúns dos recortes con respecto ao RD
20/2012 ( sete días de vacacións de
disfrute independente, a posibilidade de unir eses días aos moscosos, concesión
do permiso de ingreso hospitalario de xeito independiente no prazo dun mes,
mantemento do horario de verán e semana grande, días de asuntos particulares
por cada festivo nacional que coincida en sábado, …), o Director Xeral,
nunha actitude fascista sen precedentes, non sabemos se dirixido, como un
monicreque, polo Conselleiro, trocou a súa actitude na mesa amosando desprezo ás OO.SS con representación na mesma,
e por ende aos traballadores.
O
detonante da súa mala fe negociadora foi a negativa da concesión de días de
libranza a custe cero a cambio do exceso de horas traballadas para así minimizar
a perdida de días de asuntos particulares dos funcionarios de Xustiza (6 días),
respecto a outras Administracións (3 días)
Ademáis, non admitiu as reivindicacións
básicas co obxecto de minimizar a discriminación que estamos a sufrir respecto
ao persoal doutras comunidades, e incluso
con respecto a outros corpos da mesma Administración; entre outras:
1.- Supresión de parte
do Complemento Autonómico Transitorio (CAT)
2.- Secuestro de
prazas na convocatoria do concurso de traslados
3.- Non negociación da retribución das
substitucións verticais (a igual traballo igual remuneración)
4.- Supresión da acción social
5.- Redución da formación pola
transferencia de fondos á EGAP
6.- Non cobertura ou ralentización na
cobertura das baixas
7.- Negativa á creación de
prazas cubertas na actualidade por reforzos de carácter estructural.
E as que viran se non
os paramos…
8.- Reordenación de efectivos
(Rexistros Civís, Servizos Comúns e Partidos Xudiciais).
E … COMO
COLOFÓN: AMEAZOU COA APLICACIÓN DA LOPX, SEN NEGOCIACIÓN, ACERCA DA
REDUCIÓN RETRIBUTIVA NOS SUPOSTOS DE INCAPACIDADE TEMPORAL (Só se cobraría o
100% nuns determinados casos).
Ante
as agresións do Goberno Central e da
Xunta, CCOO, USO, UGT, CSIF, CIG decidimos
LEVANTARNOS da Mesa e ampliar a concentración prevista para o día 22 de maio
contra a privatización do Rexistro Civil, para rexeitar todos os recortes
anunciados neste servizo público da Xustiza.