O venres, 26 de abril, ante os rexistros civís de toda España, centos de traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza volveron concentrarse ante os rexistros, demandando a retirada do anteproxecto de reforma integral dos rexistros civís.
Ás concentracións uniuse, como en anteriores ocasións, persoal da Administración de Xustiza destinado noutros centros de traballo.
Só a mobilización de miles de traballadores e de traballadoras pode parar a privatización dos rexistros civís, e, nestes momentos, estase a lograr o consenso de toda a sociedade contra unha nova decisión inaceptable do ministro Gallardón.
Para CCOO as mobilizacións deben continuar e endurecerse para impedir que o Goberno aprobe finalmente unha medida que ataca de forma grave ao emprego na Administración de Xustiza e que elimina dereitos da cidadanía, ao privatizar un servizo público que foi, segue sendo e debe seguir séndoo como ata agora, universal e gratuíto.
Os primeiros resultados da mobilización e da recollida de firmas masivas da cidadanía, profesionais e dos traballadores, están a dar xa resultados importantes: Gallardón empézase a dar conta de que a súa posición só é apoiada polos grupos de presión dos lobbys dos rexistradores con máis poder, os que contan co amparo de Rajoy e Gallardón porque os seus mesquiños intereses coinciden, pero que mesmo rexeitan a maioría dos rexistradores, tal e como se demostrou na Asemblea que celebraron en Zaragoza hai días.
CCOO volve chamar á participación masiva nas mobilizacións para defender os rexistros civís, porque o que está en xogo é demasiado importante: os dereitos do persoal da Administración de Xustiza e do emprego e os da inmensa maioría dos cidadáns. Debemos impedir coa nosa loita unha nova eliminación de servizos públicos que todos pagamos cos nosos impostos.
Este é un Goberno incapaz de reducir o paro, que é aliado do poder financeiro que estafou a centos de miles de cidadáns, que se mostra inútil para tomar medidas que reduzan a pobreza e a exclusión social dunha gran parte da sociedade, pero que segue privatizando servizos públicos atentando contra os dereitos da inmensa maioría da sociedade.
¡¡¡CONTRA
A PRIVATIZACIÓN DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA!!!
¡¡¡EN
DEFENSA DO EMPREGO DOS REXISTROS CIVÍS!!!