Convocatoria de concurso específico en Cáceres, C. Real, León, Melilla, Mérida e Murcia


29 abr 2013



Hoxe publícase no BOE a Orde JUS/697/2013, de 17 de abril, pola que se convoca concurso  específico para a provisión de postos de traballo no ámbito territorial xestionado polo Ministerio de Xustiza, para os Corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza

Os postos de traballo ofertados atópanse nas localidades de Cáceres, Ciudad Real, León, Melilla, Mérida e Murcia, e poden participar os funcionarios de carreira pertenecentes aos Corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, calquera que sexa o ámbito territorial no que estén destinados

As solicitudes para tomar parte no concurso irán dirixidas á Dirección Xeral de Relacións coa Administración de Xustiza, - Subdirección Xeral de Medios Personais da Administración de Xustiza, r/ San Bernardo, 21 (28015 Madrid) e axustadas ao modelo publicado como anexo II da orde, presentaranse no prazo de quince días naturais, a contar dende o día seguiente ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado