Os/as empregad@s públicos son @s culpables


18 ene 2013


Por Noela Blanco Rguez.

Todo comezou como se de unha broma pesada se tratase, o rumor de que este ano Feijoo anunciara que nos baixarían de novo o salario, correu por toda a oficina como a pólvora. Despois de que durante o ano pasado víramos como unha compañeira cobraba menos por estar de baixa por unha grave enfermidade, d@s malabarismos que debido á eliminación da paga extra do Nadal fixeron moitas familias, das contas mentais para chegar sempre á conclusión de que cada día gañábamos menos e que “a vida estaba máis cara”, a rabia, a indignación, e os mesmos comentarios repetíronse polos corredores durante toda a mañá “que inxustiza!” , por que sempre nos toca a nós?

Culpables son tamén @ mestre destinado a aldeas que non sabía nin que existían; @ enfermeir@, que está nunha lista de contratación, que non colle o elevador non vaia ser que @ chamen para traballar de noite

Fácil, porque para o PP “os malos desta película” non son nin os bancos que puxeron a débeda privada polo ceo, ni un sistema que sempre premia os que máis teñen e marxina os que menos. Os culpables son @ xuíz/a, avogad@ do Estado, inspector/a de Facenda, que en lugar de dedicarse a enladrillar o noso país, decidiron estudar unha carreira universitaria e preparar unhas duras oposicións para o que estiveron durante anos enclaustrad@s nos seus cuartos vendo unicamente a luz do flexo. Culpables son tamén @ mestre destinado a aldeas que non sabía nin que existían; @ enfermeir@, que está nunha lista de contratación, que non colle o elevador non vaia ser que @ chamen para traballar de noite; o persoal dos servizos contra incendios que en ocasións deixa a vida tentando protexer os nosos montes. E por suposto, a culpa tamén é do auxiliar administrativo do Estado, natural da provincia de Ourense e destinado en Madrid, que cun soldo de 1000 euros paga un aluguer mensual de 700 euros, e que soporta que alguén que gaña o dobre lle diga que “é un afortunad@”.

Pero nesa diana dos gobernos do PP, á que apuntan cada vez que teñen ocasión, polo camiño e como consecuencia en parte do maltrato ao que someten aos empregad@s públicos, fixéronnos culpables a tod@s @s cidadáns. Así, tamén será culpable o don@ da tenda de zapatos que ve como pasan os días sen vender nin un par, a perruqueira á que puxeron a media xornada porque rara vez entra alguén no establecemento pola semana, o bar no que antes se tomaba varias consumicións mentres se vía o fútbol e que agora só enche as súas mesas cando o partido é de pago…
Sr. Feijoo: basta xa de culpabilizar os que unicamente son vítimas das súas políticas

Sr. Feijoo: basta xa de culpabilizar os que unicamente son vítimas das súas políticas, é hora de poñer en práctica os seus propios consellos, así que deixe de queixarse dos demais e póñase dunha vez a traballar por e para @s galeg@s.

Publicado o 17/01/2013 en www.praza.com

Enlace permanente: pica aquí