Finalizada a primeira fase de implantación da fichaxe no posto de traballo nas sedes da Administración de Xustiza en Santiago de Compostela, está prevista a ampliación deste sistema ao resto de órganos da Administración de Xustiza en Galicia, incluídos os Xulgados de Paz con persoal funcionario.
O anterior sistema de xustificación do cumprimento do horario, a través da fichaxe nas máquinas dos edificios xudiciais ou a través de partes de sinatura, deixará de ter efecto no momento que se habilite a fichaxe no PC do posto de traballo. As máquinas existentes nos edificios xudiciais quedarán desactivadas, sendo a fichaxe no PC do posto de traballo a única válida a efectos de xustificación do cumprimento do horario. No caso de non disponer de terminal informático propio, a fichaxe poderase realizar en calquera outro PC do centro de traballo.
Na intranet de Xustiza atópase a disposición dos usuarios unha guía de uso e preguntas frecuentes para resolver as posibles dúbidas que xurdan na utilización do novo sistema de fichaxe.
Dirección web: http://intranetxustiza.xunta. es/web/d.x.xustiza/kronos
CALENDARIO DE IMPLANTACIÓN DO SISTEMA DE FICHAXE NO PC DO POSTO DE TRABALLO (KRONOS):
Semana do 10 de decembro-
Cangas
Dia 2 de Xaneiro-
Betanzos, Ribeira, Lugo, Ourense, Cambados, Ponteareas, O Porriño, Vilagarcia de Arousa.
Día 1 de Febreiro
A Coruña - Arzúa – Carballo -Corcubión – Muros – Negreira - Noia – Ordes - Ortigueira – Padrón
Becerreá – Chantada – A Fonsagrada – Mondoñedo – Monforte de Lemos – Sarria – Vilalba – Viveiro
Bande – Barco de Valdeorras - Carballiño - Celanova – Pobra de Trives – Ribadavia – Verín -Xinzo de Limia –
Caldas – Estrada – Marín – Lalín – Pontevedra - Redondela –Tui.
Día 1 de Marzo
Vigo e Ferrol
1 de Marzo
xulgados de paz con personal funcionario.