Toma de posesión e cesamento pola resolución do concurso de traslados 2012


21 nov 2012



A DXX ven de publicar na intranet de xustiza o seguinte comunicado:

O vindeiro mércores 21 publicarase no BOE e no DOG a Resolución do 6 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslado para prazas vacantes entre funcionarios dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 30 de abril de 2012.
Segundo a resolución, tanto a toma de posesión coma os cesamentos realizaranse na xefatura ou delegación territorial correspondente ao destino, e non no órgano xudicial como se viña facendo ata o momento. 
Por cuestións organizativas, a solicítase que a formalización das tomas de posesión se faga entre as 9.00 e as 11.30 horas e a dos cesamentos entre as 11.30 e as 14.00 horas de luns a venres, xa que fóra destas faixas horarias o acceso ás dependencias dos respectivos servizos de persoal de xustiza pode ter restricións.
Á marxe das datas de cesamento fixadas na resolución (corpo de tramitación o día 26/11/2012, auxilio e xestión o día 03/12/2012), no caso de que un funcionario reingresado tome posesión antes das datas indicadas na praza doutro que tamén obtivese destino no concurso, este segundo cesará o mesmo día da toma de posesión do reingresado, empezando a contarlle o seu respectivo prazo posesorio.
Mesma provincia
No caso de cesar e tomar posesión na mesma localidade ou en distintas localidades dunha mesma provincia, ambas formalizacións poderanse facer o día da toma de posesión, sendo a data de formalización do cesamento a que corresponda de acordo coa resolución de adxudicación.
Co fin de axilizar a tramitación das altas e baixas, relacionamos a documentación que as xefaturas ou delegacións territoriais precisan para abrir ou completar os expedientes persoais.
Persoal procedente de fóra da comunidade:
Persoal destinado na comunidade:
No caso de non estar en posesión dalgún dos documentos, estes remitiranse o máis axiña posible ao correspondente servizo de Xustiza.