MUGEJU: Perda de vixencia dos antigos modelos de receitas


6 nov 2012


Con motivo da entrada en vigor do Real Decreto 1718/2010, do 17 de decembro, sobre receita médica e ordes de dispensación, (B.O.E. 20/01/2011), a partir do día 21/01/2013, só será válido o novo modelo de receita médica que veu sendo distribuído ao longo de 2012, polo que se prega a todos os mutualistas que non dispoñan do novo modelo, procedan a solicitalo na súa Delegación correspondente pola vía ordinaria, mediante solicitude debidamente cumprida, en persoa, por correo ordinario, por correo electrónico, por fax ou a través da nosa páxina web coa súa acreditación electrónica correspondente.

Infórmase que o novo modelo de receita se distingue dos que deixarán de ter validez a partir do 21/01/2013, por que o seu número identificativo vai precedido pola letra Z