O Goberno establece unha
xustiza só para ricos e deixa os cidadáns indefensos se os seus dereitos son
atacados
PUBLICADA NO BOE A LEI DE TAXAS (LEI 10/2012) QUE
EXPULSA OS CIDADÁNS SEN RECURSOS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA PORQUE SE IMPOÑEN
UNHAS TAXAS QUE SÓ PODERÁ PAGAR UNHA MINORÍA
Ademais, a partir de agora, os funcionarios públicos estaremos obrigados a intervir con avogado e procurador na vía contencioso administrativa en defensa dos nosos dereitos estatutarios, cando se refiran a cuestións de persoal, ao quedar derrogado o artigo 23.3 da Lei da xurisdición contencioso-administrativo
A Lei de Taxas publicada no BOE do 21 de novembro é unha norma que ataca os piares do Servizo Público da Administración de Xustiza e o dereito constitucional á tutela xudicial efectiva.
Gallardón actúa contra os dereitos de todos os cidadáns e tamén dos funcionarios públicos, e a partir de agora, comézase a desmantelar o servizo público da Administración de Xustiza.
En esencia a Lei de Taxas converte a Administración de Xustiza nunha Administración á que non poderán acudir dende agora os cidadáns sen medios económicos abondo ou con escasos recursos.
Porque a partir de agora, os cidadáns que acudan á Administración de Xustiza deberán aboar:
A) Na orde civil
Verbal e cambiario
|
Ordinario
|
Monitorio e demanda
incidental no proceso concursal
|
Execución
extraxudicial e oposición á execución de títulos xudiciais
|
Concurso necesario
|
Apelación
|
Casación e
extraordinario por infracción procesal
|
150
€
|
300 €
|
100 €
|
200€
|
200 €
|
800 €
|
1.200 €
|
B) Na orde xurisdiccional contencioso-administrativo:
Abreviado
|
Ordinario
|
Apelación
|
Casación
|
200 €
|
350 €
|
800 €
|
1.200 €
|
C) Na orde social:
Suplicación
|
Casación
|
500 €
|
750 €
|
Ademais, deberase aboar unha taxa do 0,5% da contía do procedemento se non supera o 1.000.000 de euros e o 0,25% adicional a partir desa cantidade, cun límite de 10.000 euros.
Os funcionarios públicos estarán exentos de aboar a taxa na interposición do recurso contencioso-administrativo en defensa dos seus dereitos estatutarios, pero non de acudir obrigatoriamente con avogado e procurador, o que encarece de forma maiúscula a defensa dos nosos dereitos laborais.
É UN ESCÁNDALO QUE A LEI 10/2012 ESTABLEZA QUE OS CIDADÁNS CON INGRESOS DE 1.200 EUROS PAGARÁN AS MESMAS TAXAS QUE UNHA PERSOA QUE GAÑE 100.000 EUROS
O que é profundamente rechamante, e que demostra a hipocrisía de Gallardón cando afirma que os cidadáns sen recursos poderán beneficiarse da xustiza gratuíta se carecen de medios, é que a Lei establece que as familias con ingresos de tan só 1.200 euros deberán pagar as taxas establecidas na lei, e aboará as mesmas taxas que as unidades familiares con ingresos superiores a 100.000 euros. É dicir, non existe ningunha nin proporción nin progresividade nas taxas fixadas en relación cos ingresos da unidade familiar.
Polo tanto, Gallardón demostrou que lle importa un beldro que o pagamento das taxas que a Lei determina sexan as mesmas para un cidadán sen máis recursos que o salario mínimo (exemplo: unha familia de dúas persoas traballando e cobrando o salario mínimo -641,40 EUROS- deberán pagar taxas, porque superan o mínimo para estar exento) que para os ricos cun gran patrimonio e altos ingresos mensuais de 100.000 de euros/mes.
Así, por exemplo, o recurso contra o despedimento dun traballador custará o mesmo ao traballador (500 €) que se recorre a empresa. Para recorrer calquera actuación da Administración, deberase aboar unha taxa mínima entre 200 e 350 €. Para recorrer unha sentenza deberase aboar unha taxa mínima entre 500 e 1.200 € segundo o tipo de recurso e a orde xurisdicional.
A LEI DE TAXAS SIGNIFICA O COMEZO DO DESMANTELAMENTO DO SERVIZO PÚBLICO DA XUSTIZA: NON PODEMOS PERMITILO, DEFENDAMOS OS SERVIZOS PÚBLICOS
CCOO vén denunciando dende moitos meses ante a opinión pública a actuación de Gallardón, exactamente dende que o Goberno aprobou o primeiro informe para a elaboración do anteproxecto da Lei de Taxas xudiciais, que agora se converte en lei no BOE.
Esta Lei é unha máis das decisións do Goberno de rematar cos servizos públicos, de pretender acabar con todo: cos hospitais públicos, coa educación pública, cos dereitos sociais, e agora co Servizo Público da Xustiza, que coa Lei de Taxas, cos proxectos de desxudicialización e privatización de servizos e asuntos xudiciais, coa redución de partidos xudiciais ou a instauración dos Tribunais de Instancia....conllevará o encarecemento e o afastamento da Xustiza ao cidadán, á vez que producirá a perda de postos de traballo e os dereitos laborais.
Todas estas decisións do Goberno de Rajoy, perfectamente meditadas nunha estratexia calculada dende antes de gañar as eleccións de novembro de 2011 e presentando un programa electoral radicalmente antagónico ás decisións que xa decidira que ía tomar, perseguen desmantelar os servizos públicos e entregalos ás empresas privadas, moitas das cales están dirixidas por persoas afíns a dirixentes do partido que sustenta ao Goberno. Empresas privadas que non terán escrúpulos en sacar beneficio a custa dos dereitos básicos e fundamentais dos cidadáns. E para que estas empresas teñan miles de euros de beneficios como a tivo a banca que apoiada coas axudas e a complicidade do Goberno estafou millóns de euros ás persoas decentes, os cidadáns non poderán defenderse ante os Tribunais por taxas enormes, nin as persoas sen recursos acceder á Sanidade pública para poder curar as súas enfermidades.
Noutra orde de cousas, O GOBERNO INTRODUCE NA LEI DE TAXAS QUE PAGUEMOS EN DECEMBRO COTA DOBRE DE DEREITOS PASIVOS Y MUGEJU, A PESAR Da ELIMINACIÓN DA PAGA EXTRA
Así mesmo, o Goberno aproveitou a tramitación desta Lei para introducir unha volta de rosca máis contra os empregados públicos en relación co Real Decreto Lei 20/2012, engadindo ao devandito RDL un novo artigo 5 bis para establecer o desconto dobre no mes de decembro das cotas de dereitos pasivos e da Mutualidades de funcionarios, a pesar de que o propio Goberno eliminou a paga extra de decembro de todos os empregados públicos. Absolutamente miserable.