Publicada no DOG a resolución que aproba as listaxes definitivas das axudas do Fondo Social de 2012


23 nov 2012



O DOG (Diario Oficial de Galicia) publica hoxe unha resolución mediante a cal aproba as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do programa III (discapacidades) do Fondo de Acción Social do ano 2012 para o persoal ao servizo da Administración de xustixa en Galicia.
Os solicitantes recibirán unha comunicación persoal na que se lles informará do contido da resolución do seu caso, en aplicación da Lei Orgánica de Protección de Datos, por tratarse de información de carácter persoal.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor un recurso de resposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes ou ben presentar unha impugnación ante o xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da publicación desta resolución.