Carta e proposta do Sector da Administración de Xustiza de CCOO dirixida aos Xuíces e Maxistrados


23 nov 2012


Hai uns días tivemos coñecemento, a través dos medios de comunicación, que os maxistrados e xuíces convocaron concentracións o próximo venres, 23 de novembro, ás 13:30 ante os órganos xudiciais e en Madrid, ante o ministerio de Xustiza, contra os recortes na Administración de Xustiza e contra as taxas xudiciais aprobadas polo Partido Popular e outras reclamacións, e contra os recortes nos servizos públicos


CCOO é unha activa defensora dos servizos públicos, porque consideramos que sen servizos públicos non só perdemos os profesionais que prestamos estes servizos senón tamén, e de forma moi importante, porque os que pretenden acabar cos servizos públicos o fan para atacar o Estado Social e Democrático de Dereito e lanzar á cidadanía a unha situación na que non existan dereitos, claves para o mantemento da igualdade de oportunidades e do acceso ás prestacións sociais por todos os cidadáns e, tamén, porque acabando con estes os que buscan a súa eliminación se garanten a transformación dos cidadáns en súbditos novamente sen posibilidade de reclamar e defenderse ante as agresións do poder. 

Como as asociacións de Xuíces e Maxistrados coñecen, CCOO xunto a STAJ e UGT remitímoslles fai xa varios días un correo coa necesidade de constituír unha fronte común contra todos os ataques aos servizos públicos e aos dereitos de todos os empregados públicos. 

Dende CCOO por unha parte alegrámonos do posicionamento dos xuíces e maxistrados contra estes recortes, pero por outro lado, preocúpanos, expresado dende o punto de vista construtivo, que Xuíces e Maxistrados non se tivesen unido ás mobilizacións convocadas polos empregados públicos e os sindicatos da Administración de Xustiza dende o mes de xullo, data de aprobación e publicación do RD 20/2012, onde se recollen todas estas medidas que afectan gravemente a todos os traballadores públicos, repercutindo en última instancia nos cidadáns. Pero aínda estamos a tempo. 

Dende CCOO vimos intentando impulsar, articular e consensuar unha fronte común contra estes recortes entre todos os axentes implicados na Administración de Xustiza (contra a eliminación da paga extra, a imposición da mobilidade xeográfica, a redución de días por antigüidade e de asuntos par-ticulares, o desconto do 50% nos primeiros días de baixa e do 25% ata o vixésimo), e, vendo o cariz e a xustificada grande alarma social que entre os cidadáns nos últimos me-ses está a adquirir o tremendo drama dos desafiuzamentos, así como a publicación e aprobación polo Goberno da Lei de Taxas que antepón a recadación, coa escusa da redución da litigiosidad, a garantir aos cidadáns o dereito á tutela xudicial efectiva, condenándoos á indefensión e a imposibilidade do seu acceso á Administración de Xustiza en condicións de igualdade, é polo que consideramos imprescindible adop-tar un posicionamento conxunto de todos os que inter-vimos na Administración de Xustiza en defensa do servi-zo público da Xustiza para que o Goberno adopte as medidas oportunas para modificar de forma total as súas decisións e resolver, polo tanto, esta grave situación á que nos conduce a súa xestión. 

Por todo isto consideramos imprescindible que nas próximas concentracións e mobilizacións que se convoquen para defender o servizo público da Xustiza e os nosos dereitos como empregados públicos en xeral e como da Administración de Xustiza en particular, se instrumenten unitariamente as fórmulas axeitadas para que participemos todos os axentes activos relacionados, ou que interveñen na Administración de Xustiza, en busca da fronte común necesaria e para que, ademais, se poidan incorporar o número maior á devandita fronte todos os colectivos profesionais re-lacionados coa xustiza (avogados, procuradores, outros profesionais, etc.) e as organizacións sociais e cidadás en xeral cuxos lexítimos intereses estanse tamén atacando coas decisións tomadas polo Goberno (asociacións de veciños, stop desafiuzamentos, organizacións sociales,… etc.) 

Galicia, 22 de novembro de 2012