Cando o Goberno español comezou a mentir


15 nov 2012



Pasaran poucas horas do accidente do Prestige e as decisións das administracións comezan a ser confusas. Hai que agardar dous días para coñecer oficialmente a existencia dunha gran mancha. Documentos no interior.

Son as 22.30 horas do 13 de novembro de 2012. Pasaran só sete horas do primeiro SOS do Prestige e a Xunta e o Goberno central xa estaban ao tanto da magnitude da traxedia pero evitaron informar correctamente de todo o que estaba acontecendo.O diretor xeral da mariña Mercante, José Luis López-Sors, agora imputado no xuízo, trasladábase a Galicia para comprobar sobre o terreno a situación e coordinar as operacións do buque.

GC, como ven facendo estes días, ofrece documentos que acreditan que as decisións que se tomaron nesas primeiras horas amosan a completa descoordinación das administracións. Así, e tras o salvamento dos tripulantes, agás de Mangouras, do seu segundo e do xefe de máquinas, o Ministerio de Fomento anuncia a mesma noite do accidente a súa atención en anunciar a presentación dunha protesta e reclamación ante as autoridades de Bahamas, Letonia, Reino Unido e Grecia.

Alonxar o buque

O 14 de novembro, o Goberno central xa tomara a decisión de alonxar o buque. "Continúan las operaciones para alejar al Prestige de las costas gallegas", informa Fomento ás 10.00 horas da mañá dese día. Nese momento, o buque atópase a seis millas do Cabo Touriñán. "Si las condiciones meteorológicas se mantienen, el buque continuará su marcha sin tocar la costa de Galicia", din desde o ministerio.

Mancha

Son as 14.00 horas dese 14 de novembro, un día despois do accidente. Fomento informa, por primeira vez, da existencia dunha mancha de fuel-oil, pero só lle adica dous parágrafos nun comunicado de dúas follas. "Las inspecciones realizadas muestran una mancha de unos 200 metros de ancho por unas 20 millas de largo". E que hai para loitar contra este gran verquido?; só "7.000 metros de barrera y 12 skimers". O ministerio insiste en informar dos medios que están traballando xa na zona e do "avance de las operaciones de remolcado del buque hacia mar adentro"

Dúas horas despois, novo comunicado deste departamento. "Salvamento Marítimo ha controlado la deriva del petrolero Prestige". Da mancha, prácticamente non se di nada: "el aspecto de la mancha de hidrocarburos es de color claro y se encuentra rota por zonas", apunta ao sinalar que "se han concetrado en la zona equipos de lucha contra la contaminacjión desde diferetnes puntos de España" y "se ha desplazado al personal técnico adecuado".

Ás 19.15 horas, o gran logro de Fomento é que "El Prestige se encuentra ya a 25 millas de la costa gallega" y quince minutos después, otro nuevo comunicado informa de que "el buque navega con su propia máquina y con el auxilio de remolcadores, alejándose de nuestra costa".

Son as 20.40 horas, e cando a mancha está fronte ao litoral de Muxía, cando Fomento remite unha nova nota informando de que "la mancha de fuel-oil ocasionada por el Prestige permanece a 5 millas de la costa" e, engade, "el petrolero no pierde fuel tras haber corregido su escora".

Dous días despois, o chapapote na costa

Hai que agardar 17 horas para que Fomento remita un novo e único comunicado de prensa ese día. Son as 14.00 horas do 15 de novembro, hai exactamente dez anos. Os galegos comezaban a ser conscientes do gran desastre natural que supuña aquel accidente. O chapapote xa tocara terra e as imaxes comezaban a dar a volta ao mundo. "El Ministerio de Fomento continúa coordinando la solución del riesgo ambiental generado por el Prestige". É un comunicado de 5 follas no que o Goberno central insiste nos "8.000 metros de barrera e 14 skinmers", prácticamente, os mesmos medios que o día anterior. Son só seis parágrafos dun folio. Os catro restantes son para resumir o acontecido e informar de que se tomaron as medidas legais oportunas.

Publicado o 15/11/2012 en www.galiciaconfidencial.com

Enlace permanente: pica aquí