A Xunta informa: acceso a internet e formación para novas incorporacións


14 oct 2012


A Dirección Xeral de Xustiza informa que nos próximo días se activará o acceso libre a Internet para os funcionarios ao servizo da Administración de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, cos mesmos accesos e permisos que na actualidade teñen os funcionarios da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

FORMACIÓN PARA NOVAS INCORPORACIÓNS – CONCURSO 2012 

Como consecuencia da resolución do concurso de traslados 2012 do persoal dos corpos de xestión, tramitación e auxilio, producírase un importante movemento de persoal nos distintos órganos da Administración de xustiza en Galicia. Un número significativo do persoal que se traslada procede doutras comunidades autónomas. 

Coa fin de que este persoal reciba a formación máis axeitada para o posto de traballo onde se vai incorporar, analizouse a información dispoñible no relativo aos postos de orixe e destino. Deste xeito, está previsto unha formación que se desenvolverá en dúas fases: 

1. formación en temas xenéricos, organizativos e administrativos. 

2. formación específica nas aplicacións informáticas da Administración de Xustiza de Galicia. 

As actividades formativas xenéricas, aínda que adaptadas ao perfil do usuario, serán as mesmas para todos os usuarios e realizaranse, en todos os casos, de xeito remoto. 

As actividades formativas específicas adaptaranse ao perfil do usuario e ao seu destino, e incluirán actividades formativas remotas e presenciais. 

Esta formación estará guiada en todo momento por un titor, que se asignará a cada un dos alumnos que se incorporen á Administración de Xustiza en Galicia, e nela participarán os distintos formadores especializados, levando a cabo as actividades formativas (titorías, reforzos formativos remotos, etc.).


Por fin se acepta a solicitude que CCOO viña facendo reiteradamente dende abril do ano 2011, tal como se se recolle nos seguintes enlaces: