Foto: La Voz de Galicia |
A crise-estafa
que nos tocou vivir non a provocamos nin os traballadores, nin os cidadáns,
aínda que nolo repitan ata á saciedade seguindo a máxima do Ministro de Propaganda
Nazi Goebbels, "unha mentira repetida mil veces convértese en
verdade", ou alguén se esqueceron os bancos que recibiron dos nosos
impostos miles de millóns de €, de Filesa, das preferentes, dos aeroportos sen
avións, das cidades da cultura inacabadas e que teñen de todo menos cultura, de
que a persoa que recibe mais subvencións de Europa é a Duquesa de Alba, etc...
Hoxe
os traballadores da Administración de
Xustiza de Vigo demostraron que por moito que nolo repitan non nolo
creemos, e así fixémosllelo saber ao Conselleiro, Sr Rueda, máis de 150 traballadores con simples
chamadas de teléfono e avisos polas mesas dos delegados sindicais.
Estes
traballadores concentráronse diante das distintas entradas dos xulgados,
pechando calquera opción de paso do Sr.Conselleiro que non nos permitira expresarlle a nosa indignación antes os
recortes e a oposición a ser chibos expiatorios de ninguén.
Nin a
policía, nin a arrogancia e malas formas, golpes e patadas incluídos, dos seus
gardacostas, nunca mellor dito, impediron que todos os traballadores, como unha piña, perseguísemos pola rúa
primeiro, logo polas escaleiras do edificio xudicial, cantando "Non hai pan, para tanto chourizo", "o próximo
parado, que sexa un deputado" "Mans arriba, isto é un atraco"
"Nos traballamos, non roubamos".
Na
primeira planta, lugar onde ía ter lugar a sinatura do convenio co que pretendía
saír na TV. nos xornais e a radio, a policía bloqueou o acceso polas
escaleiras, circunstancia que un grupo de traballadores, ao que logo se uniron
o resto, conseguimos sortear polo interior do edificio o cordón Policial.
Todos os traballadores que conseguiron chegar ao lugar en
que ía ter lugar a sinatura boicotearon a sinatura con medios de comunicación
do Sr. Rueda durante medía hora.
Ao
final o acordo Sr. Rueda tívose que asinar sen os medios de comunicación porque
a Policía non os deixou pasar para impedir así que gravasen a todos os
traballadores manifestándose diante da porta. A pesar da policía a medios nunha
actuación exemplar, outra cousa é o que saquen os medios do tipo TVG, TVE, La
Voz de Galicia, etc.
Como nota triste dicir que ao acto asistiron ilustres recortados,
Presidente do TSX de Galicia, Fiscal Xefe de Galicia, varios membros do
C.G.P.J, o propio Director Xeral (Secretario Xudicial en excedencia), etc.
Todos estes ilustres tiveron a súa oportunidade de ouro de participar na mobilización
contra os recortes.
Moralexa: só
coa participación dos traballadores nas mobilizacións, tanto convocadas de
xeito oficial como espontánea como a de hoxe, nos permitirá triunfar na nosa
reivindicación.
XUNTOS PODEMOS
CONSIGAMOS QUE AS
MENTIRAS PAREZAN MENTIRAS
DENDE AQUÍ SOLICITAMOS A TOD@ OS TRABALLADOR@S E
ESPECIALMENTE AOS DE XUSTIZA QUE PARTICIPEN EN TODAS AS MOBILIZACIÓNS CONTRA OS
RECORTES E AS POLÍTICAS DO GOBERNO DO PP