A EGAP convoca cursos para o persoal da Administración de xustiza


16 ago 2012


A EGAP publica no Diario Oficial de Galicia do 9 de agosto de 2012 unha convocatoria de accións formativas destinadas ao persoal da Administración de Xustiza de Galicia. 

Poderán acceder aos citados cursos os empregados públicos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de Xustiza en Galicia en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar; e os membros das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de Xustiza, dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de matrícula: desde o 10 de agosto ao 10 de setembro de 2012 ás 14 horas
Lugar de matrícula: egap.xunta.es/matricula
Número máximo de solicitudes por persoa: 5

Enlace permanente: http://egap.xunta.es/fichanova/id/1442