A
Xunta recoñece a todos os traballadores que presentaron a reclamación
realizada po CC.OO, a súa obriga de pagar o 100% das retribucións ata a data da
publicación da resolución que modifica a orde de substitucións, 4 de xullo de
2012.
Por
outra beira a Xunta do PP, en liña co Sr. Rajoy, QUERE ACABAR CON TODO, institucionalizando
o enriquecemento inxusto da Administración a costa do traballador, ao non
recoñece-lo dereito a cobra-lo 100% das retribucións do corpo substituido.
Ás coñecidas políticas en contra
do público do Partido Popular, agora temos que sumarlle a prepotencia e a
soberbia dunha maioría absoluta, que entenden que lles otorga un cheque en branco
para avasallar.
En virtude a esta prepotencia a
Xunta de Galicia unilateralmente, sen modificación da normativa vixente e sin
previo aviso, negouse a retribuir na nómina do pasado mes de maio a
cantidade de 84.69€/mes aos Auxilios
Xudiciais que realizan substituciones verticais do corpo de Tramitación Procesual
e 197.43€/mes aos tramitadores que
realizaban funcións de Xestión Procesual.
Ante esta ilegalidade
flagrante CC.OO puxo a disposición de todos os funcionarios que estaban
realizando substitucións verticais unha reclamación das cuantías que se deixaran
de percibir durante o mes de maio, pois non existía ningunha normativa que
avalara tal redución.
Nestes días a Administración esta remitindo a todos os
funcionarios que presentaron a reclamación, unha resolución, firmada polo
Director Xeral, que recoñece o dereito ao
cobro das cantidades deixadas de percibir polos servizos prestados en substitución
vertical ata o pasado día 4 de xullo de 2012 data da publicación no DOGA da
modificación da Orde que regula as substitucións.
Para CC.OO a limitación do pago do 100% das retribucións
ao 4 de xullo de 2012 NON É SUFICIENTE, xa que entendemos tal e como expoñíamos
na reclamación presentada que:
ü Adultera a norma negociada
ü Consagra unha discriminación flagrante
ü Institucionaliza o enriquecemento inxusto da Administración
Entendemos
que o feito de non abona-lo 100% das substitucións verticais é única e
exclusivamente un acto de vontade política do Director Xeral de Xustiza,
coherente coa súa liña de actuación dos últimos meses, baseada no recorte a
discreción con desprezo absoluto de cara aos traballadores e aos seus
representantes, por elo remitimoslle á Asesoría Xurídica
de CC.OO toda a documentación para a elaboración dun informe sobre as vías a
seguir.
Recordamoslles a todos los
funcionarios que queran solicita-lo cobro das cantidades que deixaron de
percibir dende o mes de maio teñen á súa disposición a reclamación nos locais
de CC.OO.