A Egap ven de publicar na súa páxina web, sen previo aviso nin comunicación, a suspensión dos cursos de galego medio e superior convocados para funcionarios que se encontren fóra de Galicia, así como a suspensión das edicións T02 e T03 de linguaxe xurídica superior para os que presten servizos dentro da comunidade autónoma.
Ante a inicial sorpresa da suspensión, nas vindeiras horas presentaremos un comunicado denunciando o prexuízo que se lle causa a un gran número de compañeiros.
Ligazóns:
http://egap.xunta.es/recursos/pdf/%5B1_1340093283%5Dresolucion_2.pdf
http://egap.xunta.es/recursos/pdf/%5B1_1340093287%5Dresolucion_2.pdf
http://egap.xunta.es/recursos/pdf/%5B1_1340094223%5Dresolucion_6.pdf