Novos avisos de desocupación de postos para a súa cobertura mediante substitución entre titulares


12 jun 2012



Publicados na intranet xudicial novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data 12 de xuño de 2012.

O aviso prodúcese pola necesidade de cubrir  postos de traballo reservados aos funcionarios integrantes dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, que actualmente se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por periodos de longa duración.

Os/as interesados/as nas substitucións poden presentar as súas solicitudes conforme ao modelo Anexo II, facendo constar no espacio adicado ao órgano xudicial, o órgano no que se atopa destinado, así como aquel para o que fai a súa solicitude.

 Substitucións verticiais

SCNE A CORUÑA
Corpo : Xestión Procesual e Administrativa
Prazo: 12,13 e 14 de xuño.

Substitucións horizontais

XDO. INSTRUCIÓN 2 OURENSE
Corpo : Xestión Procesual e Administrativa
Prazo: 12,13 e 14 de xuño.


A información sobre os postos ofertados pode consultarse  no documento Avisos de desocupación.