A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos a convocatoria da Mesa sectorial de Xustiza, que se celebrará o vindeiro día 24 de abril coa seguinte orde do día:
1- Aprobación da acta de 10/04/2012
2- Modificación dos cadros de persoal
3- Execución de sentenza de 11/05/11 (substitucións)
4- Aplicación da Lei 1/2012 de 29 de febrero, de medidas temporais en determinadas materias de emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia
5- Rogos e preguntas
Achegamos unha ligazón para a descarga da proposta que fai a Administración para a redución dos cadros de persoal en determinadas Audiencias e xulgados, que CCOO rexeita rotundamente por supoñer outro recorte máis no emprego público na Administración de Xustiza.
Descarga do arquivo (PDF):
- Preme aquí