Prazas xuvenís do programa Campaña de Verán 2012


6 mar 2012






(Orde do 29 de febreiro. DOG 45 do 5 de marzo de 2012). 

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120305/AnuncioCA05-290212-12813_gl.pdf


OBXECTO

Oferta de diferentes actividades que se levarán a cabo tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días durante os meses de xullo e agosto.


SERVIZOS OFERTADOS

1. Un programa de actividades socioculturais.

2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

3. Manutención en réxime de pensión completa.

4. O material necesario para a actividade.

5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e náuticas, se é o caso.

6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

7. Nas actividades noutras comunidades autónomas, inclúese o transporte desde

Santiago ou lugar que se sinale como punto de saída, e retorno.


PARTICIPANTES

1. Poderán solicitar praza os mozos e mozas nados no ano sinalado no anexo I para cada actividade.

2. En canto á idade mínima e máxima, hai que destacar o seguinte:

a. Os nados/as en 1994 non poderán facer 18 anos antes da finalización do campamento.

b. Os nados/as no 2003 deberán ter feitos os 9 anos ao inicio do campamento.

3. Os mozos e mozas cunha discapacidade igual ou superior ao 33% deberán participar no programa a través da convocatoria que realiza todos os anos a Secretaría Xeral. 


LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

A solicitude poderá ser individual ou múltiple (para o suposto de dous, tres e ata catro irmáns/irmás).

A solicitude atópase no anexo II.

As solicitudes presentaranse por vía escrita en calquera rexistro da Xunta de Galicia ou por vía telemática a través da páxina http://www.xunta.es/servizos ou a través de https://sede.xunta.es.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de marzo de 2012.


PREZOS

Os prezos para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I desta orde.

Os membros de familia numerosa terán un desconto do 50%. As persoas usuarias do carné xuvenil terán un 25% de desconto.


MÁIS INFORMACIÓN

Na páxina web http://www.xuventude.net.