(Resolución do 27 de febreiro. DOG 44 do 2 de marzo de 2012)
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120302/AnuncioC3C1-270212-12698_gl.pdf
OBXECTO
A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero, para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor, que lles posibiliten dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.
CONTÍA DAS AXUDAS
A contía que poderá acadar esta axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante da axuda en relación co IPREM do 2012 (532,51 €/mes).
1. Se os ingresos da solicitante son iguais ou inferiores ao IPREM, e ata un máximo de 12 mensualidades:
a. Con carácter xeral: 600 €/mes.
b. Cunha filla ou fillo menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 650 €/mes.
c. Cunha filla ou fillo menor a cargo, e que esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 700 €/mes.
d. Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 700 €/mes.
e. Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e que algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 800 €/mes.
f. Cunha filla ou fillo a cargo e que esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 65% ou teñan recoñecido grao de dependencia: 800 €/mes.
2. Se os ingresos da solicitante son superiores ao IPREM e iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM, e ata un máximo de 12 mensualidades:
a. Con carácter xeral: 300 €/mes.
b. Cunha filla/o menor a cargo ou cando a vítima teña unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 350 €/mes.
c. Cunha filla/o menor a cargo e que esta/e ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 400 €/mes.
d. Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo: 400 €/mes
e. Con dúas ou máis fillas/os menores a cargo e que algún deles ou a solicitante teñan unha discapacidade maior ou igual ao 33%: 500 €/mes.
f. Cunha filla/o menor a cargo e que esta/e ou a solicitante teñen unha discapacidade maior ou igual ao 65% ou teñen recoñecido grao de dependencia: 500 €/mes
DOCUMENTACIÓN
Solicitude (anexo I).
Acreditación da condición de vítima de violencia de xénero mediante: certificación da orde de protección ou da medida cautelar, sentenza de calquera orde xurisdicional, informe do ministerio fiscal, informe dos servizos sociais e/ou sanitarios, informe dos servizos de acollemento.
Declaración responsable das rendas e ingresos mensuais (anexo II).
Acreditación de discapacidade, se for o caso.
Acreditación de fillas/os a cargo, se for o caso.
No caso de solicitantes estranxeiras, copia cotexada da tarxeta de residencia ou da tarxeta de réxime comunitario.
Declaración de axudas solicitadas ou concedidas (anexo III).
Certificación orixinal da conta bancaria da que a solicitante é titular única ou compartida con persoa distinta do agresor.
Declaración responsable (anexo IV).
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes poderán presentarse en calquera rexistro da Xunta de Galicia así como no rexistro electrónico da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
O prazo remata o 31 de outubro de 2012.
MÁIS INFORMACIÓN
Na páxina web http://www.mulleresengalicia.es e no teléfono 981 957 699.