Ampliación do prazo de matrícula para as probas libres de ofimática


16 dic 2011





Na páxina web da Escola Galega de Administración Pública aparece publicada a seguinte nova:


INFORMACIÓN PROBAS LIBRES

Por Resolución do 16 de decembro de 2011 amplíase o prazo para a presentación de solicitudes para as probas de avaliación de carácter libre das actividades formativas que compoñen o Plan Ofimático de Galicia para o persoal ó servizo da Administración Pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo: ata as 13:00 horas do día 23 de decembro.

Numero de probas nas que se pode matricular: limítase a 3, como máximo.

AVISO: Aquelas persoas que se matriculen en máis de 3 probas non entrarán no proceso de selección de ningunha delas e poderán ser excluídas de todas polo incumprimento das condicións esixidas na convocatoria.




Enlace: http://egap.xunta.es/