Comisión paritaria de formación. Reunión do 8 de novembro


8 nov 2011





Hoxe, día 8 de abril, celebrouse na sede da EGAP en Santiago, a comisión paritaria de formación coa asistencia de todas as organizacións sindicais, así como da Dirección Xeral de Xustiza e membros da Escola Galega de Administración Pública, para tratar da formación para o vindeiro ano 2012.

A Administración presentounos o seu plan de formación continúa para o ano 2012 estruturado en cinco áreas:


1-Area de perfeccionamento para o posto de traballo

2-Area de formación e perfeccionamento en tecnoloxías da información-

3-Area de itinerarios formativos.

4-Area de comunicación, relación social e técnicas de organización.

5-Area de formación de formadores.


A Dirección Xeral de Xustiza presentounos a proposta dos cursos que se poderían facer en cada unha desas cinco áreas:


Para descargar a proposta de cursos, preme aquí


Neste borrador aparecen recollidos algunhas das propostas de CCOO como é o curso de titores de acollida. Estes titores serían os encargados de atender as necesidades formativas dos funcionarios titulares e interinos que accedan a un novo posto de traballo que leve implicado un cambio de xurisdición e requiran coñecementos básicos nesa orde xurisdicional así como coñecementos dunha determinada aplicación informática. A DXX comprometeuse a avanzar nesta formación de acollida a través da Secretaria Xeral de Medios.

Tamén nesta proposta recóllese o inicio dos itinerarios forma-tivos en dúas especialidades: a contenciosa-administrativa e a laboral. Estes itinerarios comprenderían varios niveis . En anos sucesivos se incorporarían gradualmente outras especialidades: a civil e a penal.

Tamén se inclúen novos cursos que tratan das novas refor-mas lexislativas.

A DXX comunicounos que o plan final destes cursos estaría condicionado ás posibilidades presupostarías reais e ás propostas concretas que cada organización sindical poida facer sobre o borrador presentado e que se concretarían na próxima mesa de traballo. 


Entradas relacionadas:

08/11/2011 - Proposta de plan de formación para o ano 2012