Calendario laboral 2012. Festividades locais na provincia de Ourense


4 nov 2011


No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 239, do 21 de outubro de 2011, publícase a Resolución da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Traballo e Benestar pola que se publica o calendario laboral para o ano 2012



Enlace permanente: http://goo.gl/mQzBM



Texto

Consellería de Traballo e Benestar


Xefatura Territorial


Ourense

Calendario laboral 2012

Servizo Relacións Laborais

Sección Relacións Laborais

Conforme co disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e o artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e tendo en conta o disposto nos decretos 128/2011, do 30 de xuño (DOG n.º 127, do 4 de xullo de 2011), polo que se determina o calendario laboral para o ano 2012 na Comunidade Autónoma de Galicia, o Decreto 245/2009, do 30 de abril, polo que se regulan as delegacións territoriais da Xunta de Galicia e o Decreto 335/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Traballo e Benestar, esta xefatura territorial elaborou para a provincia de Ourense o seguinte:

Festas laborais conforme ó establecido no Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, e no Decreto 128/2011, do 30 de xuño.

1. De non producirse modificacións no calendario laboral de carácter estatal serán inhábiles para os efectos laborais, retribuídos e non recuperables, en todo o territorio da Comunidade
Autónoma de Galicia para o ano 2012, ademais de tódolos domingos do ano, os seguintes días festivos:

– 6 de xaneiro: Día de Reis.

- 5 de abril: Xoves Santo.

– 6 de abril: Venres Santo.

– 1 de maio: Festa do Traballo.

– 17 de maio: Día das Letras Galegas.

– 25 de xullo: Día Nacional de Galicia.

– 15 de agosto: A Asunción.

– 12 de outubro: Día da Hispanidade

– 1 de novembro: Tódolos Santos

– 6 de decembro: Día da Constitución

– 8 de decembro: A Inmaculada

– 25 de decembro: Nadal

2. Festas laborais de carácter local.

Serán tamén inhábiles para o traballo, retribuídos e non recuperables, dentro dos respectivos termos municipais para o ano 2012 as festas locais que se relacionan:

Allariz:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
8 de xuño, Venres do Boi.

Amoeiro:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
3 de maio, Día dos Maios.

Arnoia, A:
22 de maio, Santa Rita.
3 de agosto, Festa do Pemento.

Avión:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
6 de agosto, Luns de San Roque.

Baltar:
21 de febreiro.
19 de marzo.

Bande:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
20 de agosto, San Roque.

Baños de Molgas:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
6 de agosto, San Salvador.

Barbadás:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
3 de maio.

Barco de Valdeorras, O:
22 de maio, Santa Rita.
14 de setembro, O Cristo.

Beade:
3 de febreiro, San Brais.
16 de agosto, San Roque.

Beariz:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
16 de agosto, San Roque.

Blancos, Os:
20 de febreiro, Luns de Entroido.
21 de febreiro, Martes de Entroido.

Boborás:
13 de xuño, Festa de Santo Antonio.
19 de setembro, Festa da Saleta.

Bola, A:
20 de febreiro, Luns de Entroido.
7 de maio, Luns da Santa Cruz.

Bolo, O:
16 de agosto.
13 de decembro.

Calvos de Randín:
22 de febreiro, Mércores de Cinza.
6 de agosto, luns seguinte ó primeiro domingo de agosto.

Carballeda de Avia:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
28 de maio, Luns de Lodairo.

Carballeda de Valdeorras:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
16 de abril, Nosa Señora da Encarnación.

Carballiño, O:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
17 de setembro, festas patronais.

Cartelle:
21 de marzo, San Bieito.
22 de agosto, Nosa Señora do Mundil.

Castrelo de Miño:
21 de febreiro.
16 de agosto.

Castrelo do Val:
17 de xaneiro, Santo Antón.
22 de febreiro, Mércores de Cinza.

Castro Caldelas:
20 de xaneiro, San Sebastián.
21 de febreiro, Martes de Entroido.

Celanova:
1 de marzo, San Rosendo.
16 de agosto, San Roque.

Cenlle:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
13 de xuño, Santo Antón.

Chandrexa de Queixa:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
9 de xullo, Romaría de Chandrexa de Queixa.

Coles:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
3 de maio, Santa Cruz (Festa dos Maios).

Cortegada:
11 de xullo, San Bieito.
26 de xullo, Santa Ana.

Cualedro:
22 de febreiro, Mércores de Cinza.
13 de xuño, Santo Antón.

Entrimo:
2 de agosto.
16 de agosto.

Esgos:
2 de febreiro, As Candelas, patroa de Esgos.
21 de febreiro, Martes de Entroido.

Gomesende:
18 de maio, día seguinte á Asunción do Señor.
29 de xuño, San Pedro.

Gudiña, A:
24 de febreiro, Beato Sebastián de Aparicio.
24 de agosto, San Bartolomeu.

Irixo, O:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
18 de maio, traslado da Virxe de Fátima.

Larouco:
7 de setembro, Virxe dos Remedios.
13 de decembro, Santa Lucía.

Laza:
22 de febreiro, Mércores de Cinza.
3 de maio, Santa Cruz.

Leiro:
3 de maio, Santa Cruz.
29 de xuño, San Pedro.

Lobeira:
23 de febreiro, Mércores de Cinza.
7 de setembro, Viso Pequeno.

Lobios:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
13 de agosto.

Maceda:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
7 de agosto, festas patronais de Maceda.

Manzaneda:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
6 de agosto, festa patronal de Manzaneda.

Maside:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
27 de agosto.

Melón:
3 de maio, Santa Cruz.
13 de xuño, Santo Antón.

Merca, A:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
4 de xuño, Día do Espírito Santo.

Mezquita, A:
19 de marzo.
7 de decembro.

Montederramo:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
16 de agosto, San Roque.

Monterrei:
26 de xullo.
16 de agosto.

Muíños:
22 de febreiro, Martes de Entroido.
29 de xuño, San Pedro.

Nogueira de Ramuín:
21 de febreiro, Martes de Entroido
16 de agosto, San Roque.

Oímbra:
22 de febreiro, Mércores de Cinza.
26 de xullo, Santa Ana.

Ourense:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
3 de maio, Os Maios-Santa Cruz.

Paderne de Allariz:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
3 de maio, Festa dos Maios.

Padrenda:
22 de xuño, San Xoán.
14 de setembro, San Cibrao.

Parada de Sil:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
31 de agosto, San Ramón Nonato.

Pereiro de Aguiar, O:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
3 de maio, Os Maios.

Peroxa, A:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
2 de xullo, Santo Antón na Peroxa.

Petín:
17 de xaneiro, Santo Antonio Abad.
26 de xullo, Santa Ana.

Piñor:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
18 de maio

Pobra de Trives, A:
24 de agosto.
14 de setembro.

Pontedeva:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
26 de xuño, San Paio.

Porqueira:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
16 de xullo, A Virxe do Carme.

Punxín:
22 de febreiro, Martes de Entroido.
16 de abril, San Wintila (luns).

Quintela de Leirado:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
29 de xuño, San Pedro.

Rairiz de Veiga:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
24 de setembro, Romaría da Saínza.

Ramirás:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
30 de abril.

Ribadavia:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
8 de setembro, Festa do Portal.

Riós:
16 de agosto, San Roque (Patrón de Riós).
21 de febreiro, Martes de Entroido.

Rúa, A:
6 de agosto, festas do verán.
20 de agosto, San Roque.

Rubiá:
18 de maio, A Ascensión.
24 de agosto, San Bartolomeu.

San Amaro:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
16 de xullo, Nosa Señora do Carme.

San Cibrao das Viñas:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
3 de maio, Os Maios-Santa Cruz.

San Cristovo de Cea:
10 de xullo, San Cristovo.
24 de setembro, festas da Saleta.

San Xoán de Río:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
10 de agosto, festa do verán.

Sandiás:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
9 de abril, Luns de Pascua.

Sarreaus:
22 de febreiro, Mércores de Cinza.
10 de setembro, festas patronais.

Taboadela:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
12 de novembro, luns seguinte ó San Martiño.

Teixeira, A:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
14 de agosto.

Toén:
21 de febreiro.
3 de maio.

Trasmiras:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
9 de abril, Luns de Pascua.

Veiga, A:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
8 de setembro.

Verea:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
12 de novembro.

Verín:
17 de xaneiro, Santo Antón.
22 de febreiro, Mércores de Cinza.

Viana do Bolo:
22 de febreiro, Mércores de Cinza.
16 de agosto, San Roque.

Vilamarín:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
12 de novembro, luns posterior ó San Martiño.

Vilamartín de Valdeorras:
23 de abril, San Xurxo.
20 de xullo, María Madalena.

Vilar de Barrio:
13 de xuño, Santo Antón.
1 de agosto, San Fiz.

Vilar de Santos:
9 de abril, Luns de Pascua.
3 de agosto, Virxe das Neves.

Vilardevós:
22 de febreiro, Mércores de Cinza.
16 de agosto, San Roque.

Vilariño de Conso:
20 de febreiro, Luns de Entroido.
9 de xullo, San Martiño de Verán.

Xinzo de Limia:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
18 de xullo, festas de Santa Mariña.

Xunqueira de Ambía:
30 de abril, San Pedro.
16 de agosto, San Roque.

Xunqueira de Espadanedo:
21 de febreiro, Martes de Entroido.
9 de xullo, Luns das festas patronais de Xunqueira de Espadanedo, na honra a Santa Isabel.

As empresas da provincia deberán expor nun lugar visible do centro de traballo este calendario laboral durante o ano 2012, para coñecemento e consulta dos/as traballadores/as. O que se publica no Boletín Oficial da Provincia para o seu cumprimento.

Ourense, 5 de outubro de 2011. O xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar en Ourense.