Convocatoria de tres cursos de linguaxe xurídica galega para persoal destinado fóra de Galicia


5 sept 2011





A Escola Galega de Administración Pública remitiunos hoxe a seguinte comunicación:

Xunto remito Resolución de convocatoria de tres cursos de lenguaje jurídico gallego para el personal al servicio de la Administración de Justicia, de data 5 de setembro de 2011.

Os destinatarios son Maxistrados, Xuíces, Fiscais, Secretarios Xudiciais, Médicos Forenses, funcionarios dos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, de Tramitación Procesual e Administrativa e de Auxilio Xudicial que na data deste anuncio estean a prestar servizos efectivos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia.

O prazo de matrícula será do día 6 de setembro ata o 19 de setembro de 2011.

Un cordial saúdo

Servizo de Xestión das Actividades de Formación da EGAP


Descarga do arquivo:

- Preme aquí