Convocatoria de cursos de linguaxe xurídica galega, nivel medio, dirixidos ao funcionariado destinado fóra de Galicia


5 sept 2011






A presión exercida polos compañeiros e CCOO obriga a recti-ficar á EGAP, Escola Galega Administracións Públicas, no seu intento de convocar un único curso de Linguaxe Xurídica, nivel medio, para os traballadores que actualmente están des-tinados fóra de Galicia, deixando a máis de 120 persoas sen poder facelos.

Os escritos presentados por gran parte dos solicitantes dos cursos e os centos de escritos de adhesión que recolleu CCOO entre os traballadores de toda Galicia obrigan á Administración a convocar 4 cursos por encima do previsto.

Con estes cursos ningún traballador se verá prexudicado no seguinte concurso de traslados.

Os 3 novos cursos (30 prazas cada un) comezarán, previsiblemente, na semana do 26 de setembro de 2011.

A convocatoria publicarase na páxina web da EGAP o próximo día 6 setembro. Todos os que queiran participar deben cubrir a instancia en internet, incluídos os que fixeron a solicitude nos cursos anteriores.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días dende a publicación na páxina web da EGAP xa que a convocatoria non se vai a publicar no DOG.